TPV

Reizentolo, empresa de pontevedra adicada principalmente á venda de camisetas, encargounos un programa para o control de almacén.

Despois de ver as ventaxas de poder acceder ós datos dende calquer ordenador con internet, propuxéronnos un reto maior, facer un TPV coas mesmas ferramentas que o programa.

Gracias á súa colaboración elaboramos todo un sistema de xestión integral de almacén onde se pode saber in situ que prenda se acaba de vender ou cales son as necesidades dunha tenda en particular.

Cando rematamos o desenrolo base do software, a empresa viguesa NPV de roupa náutica se interesou polo sistema. Non só usan o programa nas 5 tendas que teñen abertas en Galicia e Madrid se non tamén de forma itinerante nas diversas feiras do sector, podendo enviar os datos por internet cando consideran necesario.

O TPV de Inforede funciona tanto en Linux como en Windows. Con só instalalo nun ordenador dunha tenda, xa se pode usar sen necesidade de ter nada máis que un navegador de internet e os terminais que se necesiten.

Un programa instalado nun servidor central se encarga de xestionar as accións principais:

Altas, baixas, modificacións de:

  • artigos
  • Marcas
  • Tipos
  • Tallas
  • Cores
  • Comerciais
  • Proveedores
  • Tendas
  • Entradas de almacén
  • Lotes
  • Devolucións
  • Pedidos
  • Albaráns
  • Facturas
  • Zetas en directo
  • Reservas

Informes de:

  • Ventas por cliente, comercial, tenda, producto...
  • Xestión de usuarios
  • Actualizacións de stock
  • Ofertas
  • Tickets
  • Tarifas
  • Vales

   
Funcións do TPV

  • Impresión de tickets
  • Xestión de vales
  • Identificación de clientes
  • Envios de datos ó servidor
  • Actualizacións automáticas