OpenGateSecurity

OGS é un sistema para a xestión de accesos con vehículos. Está especialmente enfocado a garaxes de tipo comunitario. Este sistema desenvolto entre INFOREDE S.L. e GADELEK S.L., basease nunha interface web que permite xestionar as altas e baixas dos mandos a distancia e tarxetas RFID que se empregan para acceder a un garaxe.   

O sistema permite en caso de roubo ou perdida dar de baixa algún dispositivo de acceso impedindo o seu uso ó xeito dunha tarxeta de crédito. A novidade deste sistema radica en que persoas non especializadas poden realizar telemáticamente este proceso sen necesidade de que un técnico se desplace ao lugar e proceda a facer a operación en local. A maiores inclue otra serie de funcionalidades como poden ser:

  • Avisos mediante SMS, mail ou FAX de diferentes ALERTAS, como poder ser desbordamento dun pozo, caída do subministro eléctrico, avarías nos dispositivos de control da porta, etc.
  • Manipulación remota dos diferentes sistemas de control de acceso, como pode ser abrir barreiras, baixalas, bloquealas, etc.
  • Información en tempo real do estado do automatismo de control da porta e realizar diferentes test que facilitan o mantemento e reducen o número de averías.
  • Función de pánico, que permite o envio dun SMS a un número determinado por cada usuario dun aviso en caso de premer simultaneamente dous botóns determinados do mando a distancia.
  • Encendido das luces do garaxe cun botón do mando a distancia dende calquer punto do garaxe.
  • Bloqueo temporal de tarxetas ou mandos en caso de impagos de alugueres de prazas.
  • Mando de garaxe en base a un código cifrado de 64bit cun número de serie único para cada mando e incopiable.   

En futuras versións están previstas novas funcionalidades como poden ser: 

  • Información mediante mail ou SMS de que algunha luminaria no garaxe deixou de funcionar.
  • Determinación de franxas horarias para o funcionamento de tarxetas RFID ou mandos a distancia.
  • Incorporación de TAG que permite abrir as portas con so aproximarse.
  • Control de acceso das portas peatonais do garaxe.
  • Xestión de usuarios e entradas e saídas para garaxes privados ou clubes.   

A base central do sistema é un servidor montado sobre Debian con Apache, MySQL, PHP e o servidor GSM Alamin. Todo o sistema foi desenvolvido con software libre e corre sobre un servidor seguro, para garantir a seguridade. A comunicación cos diversos dispositivos de control faise mediante a rede GSM  de Orange, que envia información ás placas de control e recibe a información das mesmas. O sistema é aberto e pode adaptarse as necesidades do ususario, sendo a súa implantación modular en base a un bus de RF que permite extender a súa actividade cun baixo custo de implementación.