Servidor de ficheiros

Baseado no software SAMBA que permite emular o protocolo smb/cifs e poder intercambiar información dentro de unha rede heteroxénea con equipos Unix/Windows/MacOS. Un servidor Debian GNU/Linux con SAMBA funcionará como PDC (Primary Domain Controler) ou controlador primario de dominio o que nos permite centralizar a información de contrasinais actuando como un servidor de validación na rede. O mesmo servidor alberga os recursos compartidos que estarán dispoñibles para tódolos demais equipos da rede podendo establecer unha política de permisos a nivel de recurso.

 

Vantaxes:

  • Información centralizada.
  • Políticas de seguridade con listas de control de acceso ós recursos.
  • Robustez e fiabilidade.
  • Permite conexións de varios sistemas operativos (ideal para redes heteroxéneas).
  • Dispoñemos de varias versións tanto a nivel de un simple pc para redes lan moi pequenas como de completos servidores con sistemas de redundancia de discos.

Solicitude de máis información.