Servicio Técnico Informático Online
Inforede pon a disposición dos seus clientes un novo servizo de asistencia remota, para dar unha resposta rápida a todas aquelas incidencias informáticas que non requiran dun desprazamento dos técnicos.
Só é necesaria unha conexión a Internet para acceder á máquina do cliente remotamente e solventar de maneira máis eficaz calquer incidencia.
Resolución inmediata de incidencias propias do sistema operativo, drivers, programas, etc.
Non se instala de forma permanente nengún software no PC do cliente, o software en execución desaparece no seguinte reinicio.
Cómo acceder á axuda Online:
- Descargue e garde no seu PC o arquivo de conexión pulsando no icono que aparece ó pé de páxina.
- Execute o arquivo unha vez descargado no seu PC e xa estará en condicións de establecer unha conexión remota.
- Os usuarios de Windows Vista necesitan desactivar o "Control de contas de usuario" antes de establecer unha conexión remota. Hai un mini tutorial que explica como facelo pinchando aquí.
