Rede Privada Virtual

Rede Privada Virtual (VPN en inglés), é unha tecnoloxía de rede que permite a extensión da rede local sobre unha rede pública como pode ser Internet.

Unha das aplicacións desta tecnoloxía é a posibilidade de que vostede poida conectarse dende a súa casa á oficina usando Internet como medio, e dunha forma totalmente segura.

A seguridade da comunicación está garantida en todo momento debido ó uso de autentificación, integridade dos datos usando mecanismos para evitar que sexan alterados, e o cifrado dos mesmos.

INFOREDE SL ofrece solucións a medida para que poida conectarse de forma totalmente segura coa Intranet da súa empresa, ainda que se atope a miles de kilómetros de distancia.