15.03.08 # Idade: 166 days

Relatorio en XGN 08 coa participación de Inforede

 

O sábado15 de marzo ás 12:30 houbo un relatorio cos seguintes pońentes:

Suso Baleato -> Coordinador de Mancomun.
Eduardo Díaz -> Ultreia.
José Limeres -> Bora Telecom.
Javier Pardal -> Inforede.

Como se indica na páxina de Xuventude Net:

Mesa redonda na que varios emprendedores galegos compartirán a súa experiencia na formación de empresas e prestación de servicios en torno ao software libre. A charla pretende mostrar o software libre e a iniciativa empresarial propia como unha opción profesional válida e alternativa ao traballo por conta allea.