Esta semana rematamos a extensión de Notificacións gl_notifications, que permite enviar correos electrónicos a usuarios ou grupos rexistrados en Typo3 que logo poden confirmar, deixando unha estatística na base de datos.
En breve imos publicar unha nova extensión chamada gl_music, que permite subir arquivos de MP3, que logo poden ser comentados, e que ten o seu propio player realizado en Flash, que tamén liberaremos o seu código fonte.