Inforede acudiu hoxe á poParty08 que se celebra durante os días 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo no Pavillón Principe Felipe en Pontevedra.
Impartiuse unha charla de 2 horas na que se falou do Wordpress, Joomla e Prestashop.
Empezouse falando un pouco das ventaxes do Software Libre para despois adentrarse nos servicios LAMP.
Entre o público atopábase xente coñecida do software libre como Óscar Souto de Gadelek e José Limeres de Bora Telecom.
Ao final do evento numerosas persoas se achegaron aos compoñentes de Inforede mostrando interese sobre todo polo concepto de Opensource e como podían facer unha bitácora eles mesmos.