04.02.08 # Idade: 291 days
5 normas básicas de programación en PHP6
Hoxe lemos en mancomun a iniciativa de GoPHP5.org para que todas as máquinas migren a PHP5.
PHP4 leva xa 7 anos traballando e PHP5 vai polos 3.
En Inforede fixemos o cambio a PHP5 desde hai xa máis dun ano e xa imos pensando en PHP6.
As 5 normas fundamentais na programación para ser compatible con PHP6:
-
Non usar register_globals: dá igual que sexa PHP6 ou anterior, non se debería usar, de todos os xeitos, a partir de PHP6 non será posible usalas.
-
Non usar magic_quotes: do mesmo xeito que no punto anterior, en PHP6 desaparecerá esta opción, ademais de engadir de que se permita ou non o seu uso, non se deberían utilizar.
-
Non usar variables predefinidas longas.
-
Usar preg en lugar de ereg: no uso de expresións regulares deberemos usar as funcións preg (compatibles con Perl).
-
Non inicializar variables co operador referencia: cando fagas algo do estilo $var = & new obxecto(); deberá asignalo sen o operador referencia porque che dará un erro E_STRICT.