Filtro contido web
É un filtro situado entre a rede interna e a pasarela de acceso a Internet. O seu principal cometido será o filtrado de todo o contido web, aceptando ou denegando o acceso a certas páxinas, evita-la descarga de arquivos, permitir ou denegar a conexión de certos programas a Internet, ademais de acelera-la navegación web xa que almacena nunha caché de disco as páxinas de acceso máis frecuente.
Enumerando as principais características:
- Permite ou restrinxe o acceso cara Internet a certos programas (p.ex: denega-lo acceso a programas p2p).
- Permitir ou denega-lo acceso a certas páxinas web, ben polo nome do dominio ou a tódalas webs que conteñan certas palabras chave.
- Análisis de virus de ficheiros potencialmente peligrosos.
- Bloquea-la descarga de arquivos por extensión.
- Acelera-la navegación ó gardar no disco aquelas webs de acceso frecuente (tamén permite que webs que se actualizan constantemente non sexan gardadas para evitar resultados desfasados).
- En caso de dispoñer de 2 ou mais conexións a Internet, dispón dun balanceo de carga, coa ventaxa dun acceso máis rápido a Internet xa que o tráfico se reparte entre as diferentes portas de enlace. Ademais en caso de fallo dunha de elas, automáticamente a deshabilita para que non se produzan cortes na navegación, volvéndoa a habilitar unha vez volva a estar operativa.
- Funciona de forma transparente, xa que non é necesario cambiar ningún parámetro de conexión nos ordenadores conectados á rede. Agora todo o tráfico de ou cara Internet pasará polo filtro onde se lle aplicarán as políticas previamente establecidas.
- Posee unha interfaz de configuración baseada en web, fácil de usar e accesible dende calquer equipo da rede a traveso dun navegador web. Xa que se trata dunha zona de acceso restrinxido, será necesario proporcionar un usuario e unha chave de acceso.

