CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DE INFOREDE CONSULTORA
INFORMATICA DA GALIZA SL
www.inforede.es
INFOREDE CONSULTORA INFORMATICA DA GALIZA SL (en diante INFOREDE) con domicilio en Rúa Víctor García 21, 1B en Pontecesures (Pontevedra) con CIF B36464725 pon a disposición no seu sitio web inforede.es determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.
As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de INFOREDE por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expónselle ao USUARIO no sitio web inforede.es en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, imprímaas, arquive e acepte através de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación..
INFOREDE CONSULTORA INFORMATICA DA GALIZA SL está inscrita noRexistro Mercantil de Pontevedra o 22 de Xuño de 2004 no Libro 2972 Folla PO-35187.
O acceso ao sitio web de INFOREDE implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.
PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO
1.1.- Expresamente A utilización do sitio web de INFOREDE non leva a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, salvo se este USUARIO desexe utilizar a base de datos de artigos existentes en inforede.es onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico, esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc.
INFOREDE prohibe os seguintes:
1.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de INFOREDE ou a terceiros.
1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spaming") ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").
1.2.- INFOREDE poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais - ver cláusula quinta.
SEGUNDA.- CONTIDOS: Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:
2.1.- INFOREDE utilizando fontes internas e externas de tal modo que INFOREDE unicamente faise responsable polos contidos elaborados de forma interna.
2.2.- INFOREDE resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.
TERCEIRA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA. -INFOREDE informa que o sitio web inforede.es os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web atópase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de INFOREDE. INFOREDE utiliza fontes externas para a elaboración dos seus contidos en determinadas ocasións e tamén establece links ou hiperenlaces a artigos ou informacións de terceiros citando sempre a fonte. O lexítimo titular dos dereitos de autor destas informacións así incluídas poderá solicitar en calquera momento a eliminación das referidas referencias.
CUARTA.- XURISDICCIÓN E LEI APLICABLE. -As presentes condicións xeraisréxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Pontevedra renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.
QUINTA: No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. INFOREDE poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de INFOREDE.